O BNG advirte en Ribeira do impacto da macrofactoría de Altri na Ría e no abastecemento de auga

14 Abril 2024

O BNG informou dende Ribeira este sábado 14 de abril dos problemas que pode ocasionar a implantación da macrofactoría de Altri en Palas de Rei, en palabras da agrupación 2unha bomba medioambiental no corazón de Galiza que acende as alarmas tamén nos concellos que se nutren da estación de tratamento de auga potábel (ETAP) do río Ulla como son os concellos da Barbanza, tanto polos efectos que a celulosa terá na calidade das augas como polo desmesurado consumo que terá”. O BNG lembrou que “segundo os plans feitos públicos por Altri, a macrofábrica consumirá directamente desde o río Ulla 46.000 metros cúbicos ao día, o que equivale ao consumo de auga humano de toda a provincia de Lugo”. Ademais, criticou que o proxecto contempla o vertido ao río de 30.000 metros cúbicos ao día de augas industriais que incidirán aínda máis na contaminación do río.

O BNG sostén que, de se levar a cabo, “este proxecto suporá un empeoramento da calidade da auga do río tanto polos vertidos como polo risco de eutrofización ao baixar o caudal”. E engade: “É evidente que todos estes efectos negativos serán trasladados augas abaixo causando un impacto no río Ulla moi severo, empeorando a calidade das súas augas e comprometendo o caudal en épocas de estiaxe”.

Ademais, advirte de que “a vertedura desas augas tralo proceso industrial ao río Ulla afectaría ao abastecemento de auga para consumo humano e industrial de concellos como Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo que dependen da ETAP de Padrón, competencia da Xunta desde o ano 1996 e que, recentemente, despois de 30 anos, Augas de Galiza está ampliar diante da crecente demanda e a escaseza de auga nos períodos de seca, cada vez máis frecuentes”.

Por todo iso dende o BNG mostraron o seu rexeitamento a esa macrofactoría e facilitou follas para presentar alegacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.