Rianxo acollerá o IV Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero

29 Xaneiro 2020

O próximo 29 de febreiro o Auditorio de Rianxo celebra a entrega de premios do IV Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero.  O acto que será transmitido por Tv Canal Barbanza e as redes sociais  será presentado por Vanesa Ordoñez e Emilio Palmeira.

O certame audiovisual de curtas ‘Alberto Romero’ naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse inmediatamente as ANPAs San Roque do IES Leliadoura e ANPA do CEIPP de Palmeira, así como a A.C. Lajareu por Barlovento, asociacións das que Alberto formou parte, entre outras.

Co apoio do Concello de Ribeira levouse a cabo a primeira edición deste certame na que participaron 19 traballos procedentes dos centros educativos do Concello de Ribeira. A entrega de premios celebrouse nunha gala con éxito rotundo e aforo completo no Auditorio de Ribeira no día 21 de xaneiro do 2017, onde de forma moi emotiva se presentou música, poesía, un monólogo e a proxección dos vídeos premiados.

IVCertame Audiovisual de Curtas Alberto romero

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...