Portos inicia o concurso público da concesión das estacións de combustíbel de Ribeira, Carnota e O Grove

12 Abril 2024

A entidade pública Portos de Galicia vén de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para a explotación das estacións de subministro de combustíbel de Ribeira (tanto a de embarcacións como a de vehículos), Portocubelo (Carnota), Meloxo (O Grove) e Cambados. Así o recolle este venres 12 de abril no Diario Oficial de Galicia.

Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir deste sábado 13 de abril, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas. O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condicións do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante.

Todas as gasolineiras incluídas neste concurso adicaranse exclusivamente ao subministro a embarcacións a excepción da estación de subministro específica para vehículos no porto de Ribeira. O prego de condicións recolle en todos os casos a obriga de actualizar e mellorar estas instalacións industriais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Xogar coas vidas”. Xosé Antonio Silva

“Xogar coas vidas”. Xosé Antonio Silva

Lucia e Jason son unha parella de noivos que rouba, atraca, dispara, consome drogas e escapa da policía por unha cidade imaxinaria moi parecida a Miami. Son os protagonistas da sexta entrega do videoxogo Grand Theft Auto, o GTA, que vén de chegar ás tendas e, segundo...