A Deputación valora a inclusión dos petróglifos de Fontemoureira (Outes) no proxecto Parque Compostela Rupestre

12 Abril 2024

O deputado responsábel da Área de Patrimonio da Deputación, Xosé L. Penas, visitou este xoves 11 de abril o concello de Outes. Fíxoo acompañado da deputada provincial Soledad Agra e do alcalde, Manuel González López, para coñecer de primeira man os petróglifos que hai no termo municipal e valorar a súa posíbel inclusión no proxecto Parque Compostela Rupestre. O concelleiro de Cultura Anxo Núñez tamén participou na visita.

Segundo lembrou, este proxecto está liderado pola Deputación e une diferentes municipios da Terra de Santiago en torno ao seu patrimonio rupestre. Intégrase concretamente polos concellos de Ames, Brión, Santiago, Teo e Val do Dubra. “No caso de que se cumpran os pertinentes requisitos, Outes sumaríase tamén a esta iniciativa que pon en valor a riqueza arqueolóxica da comarca”, sinalou.

Penas valorou moi positivamente os petróglifos localizados en Fontemoureira, que “se axustan perfectamente a Compostela Rupestre xa que están en bo estado de conservación e limpeza”, apuntou, “e, ademais, teñen habilitados os accesos e incluso se están facendo roteiros dende o concello”. Xunto cos petróglifos, avaliarase tamén a adhesión dos esgliptógrifos da Carballa: “que conforman o patrimonio rupestre de Outes, e que complementará os dos 5 concellos xa adheridos”.

Para a adhesión de Outes ao Parque Compostela Rupestre, os próximos pasos son que o Concello solicite formalmente a súa inclusión e posteriormente levalo ao pleno de Compostela Rupestre para valoralo tanto política como tecnicamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.