Unha xornada máis Galicia continuará baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, teremos néboas matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados ou con nubes altas que non impedirán o paso do sol. Nas últimas horas do día posibilidade de néboas costeiras na franxa atlántica e Rías Baixas. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, 13/28. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable, con predominio da compoñente sur.

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



