Este 20 de abril celébrase en Rianxo a gala final do VIII Certame de Curtas Alberto Romero

10 Abril 2024

O vindeiro 20 de abril celebrarase en Rianxo, na Sala Arcos Moldes do Auditorio, a gala final e a entrega de galardóns do Certame de Curtas Alberto Romero, VIII edición. Será a partir das 19.00 horas. Podemos consultar todos os datos sobre a cita na web albertoromero.org.

O certame vén da man, novamente, da Asociación Cultural Alberto Romero, que leva o nome do escritor, divulgador, comunicador e dinamizador cultural palmeirán. O festival de curtametraxes pechou o prazo de inscrición da súa oitava convocatoria o pasado 28 de febreiro.

Achegáronse categorías de Primaria e Secundaria para centros educativos da Mancomunidade Barbanza Arousa, categoría de Diversidade Funcional aberta a toda Galicia e categoría Libre aberta a toda Galicia ou obras en galego no exterior. Tamén unha categoría específica de creadoras e creadores do ámbito de Barbanza Arousa.

O certame conta coa colaboración da Mancomunidade Barbanza Arousa, ANPAs Barbanza Arousa, a Deputación da Coruña, os Concellos da vertente sur do Barbanza (Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira), a Obra Social Fundación La Caixa e as empresas da nosa comarca Chicolino e CONGALSA.

As curtas premiadas da sétima edición foron: 

-PRIMARIA: “A RAPAZA DE PLÁSTICO”  de Gargallada Teatro do Salustiano Rey Eiras de A POBRA DO CARAMIÑAL
-SECUNDARIA: “COMA” de Lucía Sánchez Varela e Alejandra Santiago Rodríguez do IES Espiñeira  de BOIRO
-DIVERSIDADE: “A SEREA MARIÑA” da ASOCIACIÓN AMBAR de RIBEIRA
-BARBANZA AROUSA: “ENCONTROS NO CAMIÑO” de Bandamueca Teatro de A POBRA DO CARAMIÑAL e RIBEIRA
-CATEGORÍA LIBRE: “A ENTREVISTA” de Fernando Tato e Susana Sampedro (FERROL E RIBEIRA) – Kraken Films

As orixes

O certame audiovisual de curtas Alberto Romero naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse inmediatamente as asociacións de nais e pais de San Roque do IES Leliadoura e ANPA do CEIPP de Palmeira, así como a A.C. Lajareu por Barlovento, asociacións das que Alberto formou parte, entre outras.

Co apoio do Concello de Ribeira levouse a cabo a primeira edición en 2017 deste certame na que participaron 19 traballos procedentes dos centros educativos do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.