“Cigalas no seu hàbitat”. Antón Luaces

08 Abril 2024

O vindeiro 27 de abril rematará a campaña  “Bati-UF25-0425” que comezou este luns un equipo científico a bordo do buque oceanogràfico Vizconde de Eza, para recompilar información sobre o hábitat da cigala na zona do cabo Ortegal. 

A Secretaría Xeral de Pesca tenta con esta campaña ampliar o número de zonas sobre as que xa se levaron a cabo investigacións oceanográficas, e neste caso de particular interese ao poder aportar información complementaria sobre o hàbitat da cigala. A información acadada, segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, contribúe a ampliar o coñecemento social do medio mariño, e a sensibilizar e obter o apoio nas tarefas de proteción e ordenación que se realizan dende as distintas administracións.

Os traballos que se levan a cabo son o levantamento cartográfico, a toma de mostras do fondo mariño e das rochas, así como estudos sísmicos das zonas propostas, entre outros. A zona na que se realiza o traballo cartográfico é a da terraza do Ortegal, estimándose que chegue ata 500 metros de profundidade.

Esta campaña de investigación pesqueira e oceanográfica, está  cofinanciada co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) . Os buques de investigación pesqueira e oceanográfica, xestionados pola Secretaría Xeral de Pesca son un firme compromiso do Goberno de España coa xestión sostible dos recursos pesqueiros.

Os buques oceanográficos Emma Bardán, Miguel Oliver e Vizconde de Eza realizan cada ano máis de 500 xornadas de investigaciòn mediante campañas tanto a nivel nacional coma internacional, con equipos cientìficos que amplìan o coñecemento dos nosos mares e baixo o lema “Coñecer por unha xestiòn pesqueira sostible”.

O que non se entende -concretamente no sector pesqueiro galego- é que, realizado tal número de campañas, sexa tal o descoñecemento existente en torno ao estado do hàbitat da cigala en augas do caladoiro Cantábrico-Noroeste no que, ano tras ano, se veñen aplicando medidas tendentes á conservación desta pesqueira, impoñendo vedas que ninguén entende cando á vista está que as reservas desa especie son paradigmáticas: non nse pode capturar cigala neste caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste, pero as capturas asociadas e cigala son cotiáns e asombrosamente abundantes. Capturas que, evidentemente, ao non se poder comercializar, os barcos que as realizan deben guindalas ao mar para non incurrir en sanción. 

Son capturas inevitables, asociadas a outras especies obxectivo, que evidencian que a poboación de cigala nen moito menos está en horas baixas e que, de non seren capturadas, morrerán sen que ninguén tire proveito de tal abundancia.

Por este motivo resulta lóxica a pregunta: de que sirven realmente os estudos que efectúan os tres buques oceanográficos da Secretarìa Xeral de Pesca, se as medidas pretendidamente correctoras de conservación dos stocks non se corresponden coa realidade destes e o propio sector non pode extraer consecuencias favorables dos traballos científicos, vendo morrer milleiros de exemplares que nuinguñen malproveuita?.

Cigalas no seu hábitat, sí; máis para quen?. 

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.