O Restaurante Moanin de Boiro celebra o 11 de abril os seus dez anos de actividade

05 Abril 2024

O vindeiro xoves 11 de abril vaise celebrar o décimo aniversario da actividade do Restaurante Moanin en Boiro. Será ás 21.00 na Pousada da Galiza Imaxinaria. Segundo informa a patronal boirense (a ABE, da que forma parte este xa histórico establecemento hostaleiro posto en marcha hai unha década por Luisma e Miriam), a cita será unha celebración dun tipo de gastronomía sustentábel que aposta polo local e polos produtos de proximidade pero que compatibiliza este espírito cun “carácter viaxeiro e coa busca continua de sabores auténticos adquiridos da experiencia: do profundo respecto ao produto e cun punto de creatividade”. A celebración será amenizado musicalmente polo DJ Gafapasta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.