“Impunidade financeira” – José Manuel Pena

04 Abril 2024

Xa case nada nos debe sorprender con certas entidades financeiras e con algúns responsables de asociacións de bancos e caixas do noso país cando din que o sistema hipotecario español “é bo e un dos mellores da Unión Europea” e cando alegremente, sen ruborizarse sinalan que “un notario non admite un contrato hipotecario se ten cláusulas ilegais ou abusivas”.

A realidade é ben distinta e cada vez continuamos atopándonos con que algunhas das entidades financeiras máis importantes do noso país e da propia Unión Europea dedícanse a exercer unha “mala praxe” e atentan contra o Código de Boas Prácticas Bancarias. Están a ceder os seus préstamos hipotecarios, con riscos de falta de pagamento, a entidades especializadas na xestión do risco crediticio e da súa cobranza a través de “fondos voitre”. Moitas destas entidades a pesar de ceder os préstamos non son capaces de escapar das súas responsabilidades ao ser os verdadeiros titulares dos créditos. Estas empresas son utilizadas como sociedades instrumentais para ocultar a presenza, destes bancos, no “lobby dos desaloxos”, ademais de tributar en “paraísos fiscais”.

Mentres todo isto sucede continúan producíndose desafiuzamentos de familias humildes (aínda que xa non sexan tan mediáticos como en anos anteriores nin estean de tanta actualidade informativa), nas súas primeiras e únicas vivendas.

O Banco de España e o gobernante do noso país miran para outro lado e non se lles ve ningunha actitude que nos permita pensar, a curto prazo, que van tomar cartas no asunto contra a impunidade destas entidades financeiras que non fan máis que lucrarse á conta da maioría dos cidadáns.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.