O Centro Social de Boiro acolle este venres unha charla a prol do Sáhara

04 Abril 2024

O Centro Social de Boiro acolle na tarde deste venres 5 de abril un acto sobre a situación humanitaria e política do Sáhara co título En defensa do Sáhara. Antecedentes e actualidade do conflito. A cita, organizada polo Encontro Galego contra a OTAN, o Partido Comunista de Galicia e a asemblea local de Esquerda Unida Boiro, contará coa presencia de Baba Mohamed Lamin ali, activista pro dereitos do pobo saharauí e de Roberto Laxe, integrante do Encontro Galego contra a OTAN.

Néstor Sieira, Coordinador Local de Esquerda Unida, fará as función de presentador e condutor da xornada, que rematará cun coloquio no que poderá participar o público asistente. O acto comezará ás 19:30h

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.