O contacontos sobre a diversidade da Unión Europea chega a Dodro, Boiro, Rianxo, Rois e Lousame

31 Marzo 2024

Esta primavera (o mércores 3 de abril na Casa da Cultura de Dodro; o mércores 10 de abril na Casa da Cultura de Boiro ás 18.00 h; o martes 16 de abril ás 18.00 h, o Centro Cultural e Deportivo de Taragoña en Rianxo; o 24 de abril no Auditorio de Rois ás 18h; e o venres 10 de maio na Casa da Cultura de Portobravo, en Lousame, ás 18h ) a nosa comarca acollerá a celebración do contacontos Coñece Europa con Kalopsia.

Trátase dun obradoiro de narracións orais que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da Unión Europea. Esta actividade realizase ao abeiro do programa Europa no teu Concello da Deputación da Coruña.

A sesión comezará cun achegamento a algúns relatos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen. A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está concibido para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que “a diversidade é un valor que nos enriquece”, sinálase dende a organización, engadindo que ao rematar os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas.

A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.

O contacontos  Coñece Europa con Kalopsia percorrerá quince municipios da provincia da Coruña nos vindeiros meses. Esta actividade forma parte da programación que Europe Direct A Coruña (Deputación) ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse en Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.