A ANPA O Caramecheiro do IES Nº 1 de Ribeira organiza un programa divulgativo para estudantes co obxectivo de “espertar a súa forza interna”

30 Marzo 2024

Durante o mes de abril, a ANPA O Caramecheiro do Instituto de Secundaria Nº1 de Ribeira levará a cabo o seu programa divulgativo e formativo anual dirixido ao alumnado de 3ºESO, baixo o epígrafe Espertando a forza interna, impartido por Carmen Hermo, psicóloga sanitaria, experta en mediación e en psicoloxía de emerxencias, membro da GIPCE (Grupo e Intervención en Catástrofes e Emerxencias) con ampla experiencia neste tipo de programas dirixidos ao alumnado infantil e adolescente. A iniciativa comeza cunha enquisa previa á primeira sesión que deberán cubrir o alumnado, os seus docentes e as súas familias, enquisa que servirá de base para comezar e xestionar as sesións posteriores.

Empregando unha metodoloxía teórico-práctica con dinámicas de traballo en grupo e con exercicios de mindfullness e conduta corporal, este programa ten como obxectivo, entre outros, que “os menores adquiran habilidades para afrontar as situacións de frustración, estres ou incerteza ás que se enfrontan no día a día”.

Na 1ª sesión traballarán a contextualización Xa son un loitador/a para que o alumnado sexa consciente da súa loita diaria enfrontándose aos cambios propios da súa etapa evolutiva, da súa idade, cambios físicos, psíquicos, sociais e educativos. Tamén se porá o foco nos sistemas de regulación emocional que posúen.

Na 2ª sesión descubrirán os mecanismos que manteñen a ansiedade e a desesperanza, e as ferramentas emocionais para o afrontamento de diferentes situacións estresantes (como pode ser o acoso escolar).

Na 3ª sesión traballarán as “ferramentas do loitador/a: coraxe, temperanza, disciplina e celebración”. Practicarán estratexias para a regulación emocional.

Na 4ª sesión “adestrarán ao seu loitador/a”, identificarán os factores de protección e as accións de autocoidado para previr o desgaste emocional.

O programa, segundo sinala a ANPA, busca “aportar recursos que axuden a diminuír as taxas de ansiedade, violencia, bullying ou suicidio entre a mocidade”, onde “os nosos adolescentes poidan crecer no eido emocional ao tempo que lles proporcionamos ferramentas para entender a etapa evolutiva pola que están a pasar, xa de por si complicada, a loitar contra o desgaste emocional, o déficit de interaccións sociais saudables, o estrés ou o acoso escolar”.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.