Unha colisión entre un automóbil e unha motocicleta en Porto do Son deixou dúas persoas feridas. O incidente ocorreu o mediodía do venres na estrada AC-550 na parroquia de Caamaño.
O choque ocorreu cando, por razóns aínda descoñecidas, a motocicleta chocou por detrás co vehículo. O impacto resultou en que tanto o motociclista como a condutora do automóbil necesitasen atención médica.
Nas tarfeas de rescate interviron o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia, a Policía Local de Porto do Son, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e dúas ambulancias do servizo 061, que trasladaron aos feridos ao Hospital de Barbanza.



