O sábado 6 de abril celébrase na nosa comarca un xantar solidario en beneficio do pobo saharauí. Será no Restaurante Abadía en Cabo de Cruz (Boiro). Organiza o grupo SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) de Rianxo, que ten o obxectivo de dar visibilidade á causa saharauí en Galicia e mobilizar unha fronte social que axude aos habitantes da antiga colonia española, hoxe en día obrigados polo reino de Marrocos a residir lonxe da súa terra (en campamentos no medio do deserto) a acadar a plena autonomía como pobo e país. Quen desexe participar e inscribirse deberá enviar un correo a sogapsrianxo@gmail.com ou chamar ao teléfono 678 727 382.




