O vindeiro 1 de abril en horario de mañá, a Ludoteca Municipal de Porto do Son vai acoller unha actividade formativa de conciliación para este tempo de vacacións: un Obradoiro de Criaturas Fantásticas para nenas e nenos de sete anos en adiante. Trátase dun taller de debuxo creativo con Malvarezart (o ilustrador José Málvarez Carleos). As prazas son limitadas. A actividade desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas. As inscricións cómpre facelas na Ludoteca ou a través do teléfono 698197909. Máis información a través da web www.malvarez.art.




