Os servizos de emerxencias rescatan a un home tras caer ao río no Pindo, en Carnota

20 Marzo 2024

Nunha acción coordinada entre os Bombeiros de Cee, voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local levaron o ferido nunha padiola ata onde agardaba o equipo médico.

O accidente produciuse sobre as doce do mediodía na desembocadura do río, no Pindo en Carnota. Alí caeu o señor, pero rápido conseguiron sacalo da auga. A necesidade que se formulaba nese momento era trasladalo desde ese lugar ata o punto máis próximo ao que se puidera achegar a axuda médica.

Deste xeito, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Cee, membros do GES de Muros, voluntarios de Protección Civil, así como dos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Pola súa parte, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa tiñan coñecemento sobre o suceso e tiñan en marcha unha dotación. Cómpre indicar que o suceso produciuse moi preto do Centro de Saúde. 

Finalmente, os equipos de emerxencia trasladaron o ferido nunha padiola ata onde agardaba a ambulancia.

Bombeiros GES Muros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.