A Semana Santa de Muros empeza este venres 22 e rematará coa “Palomiña” o domingo 31

19 Marzo 2024

A Semana Santa de Muros, que conta co apoio do Concello de Muros, comeza este venres cunha programación que
rematará o domingo 31 coa celebración da tradicional ‘Palomiña’.
Na presentación, que tivo lugar hoxe no concello, participaron Caridad González, concelleira de Cultura e Turismo; Daniel Pérez, párroco de Muros, e Luis Martínez e Manuel Lago, da comisión da Semana Santa Muradana.
Do 22 ao 31 de marzo, a vila acollerá a celebración das procesións e eventos relixiosos. A primeira xornada será este venres, 22 de marzo, coa conmemoración do ‘Venres de Dores’, tras o que chegará o ‘Domingo de Ramos’ o domingo.
Durante a próxima semana, o xoves e o venres, as procesións percorrerán as rúas, culminando coa ‘Vixilia Solemne’ do sábado 30. O fin da programación terá o vindeiro domingo 31 de marzo coa celebración da ‘Palomiña’.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.