O BNG de Ribeira recolle a moción rexistrada pola CIG en relación ao Grupo Ferrín

24 Xaneiro 2020

O grupo municipal do BNG ribeirense anunciou hoxe que recolle e levará a pleno a moción rexistrada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) no mes de outubro relativa ao Grupo Ferrín. O Bloque manifesta que a empresa Agustín Sarasquete e Hijos, con sede social en Ribeira, e pertencente ao Grupo Ferrín, está sometendo a algúns traballadores e traballadoras que pertencen ao referido sindicato “a unha persecución e acoso constantes por esixiren o cumprimento do convenio colectivo en materia de xornada, horas extras, salarios, etc.”

O voceiro do BNG de Ribeira, Xosé Vázquez Cobas, e o responsable da CIG en Ribeira, Xan García, expuxeron que, “diante da negativa da empresa a cumprir coas demandas do persoal”, as actuacións do sindicato deron como resultado ducias de sentenzas e actuacións sancionadoras da inspección de traballo, afirmando que, aínda así, “a empresa negouse a cumprir tanto os fallos xudiciais coma os mandatos da propia inspección.” Xan García apuntou que a empresa xa tivo unha condena con indemnización á delegada sindical por vulneración de dereitos fundamentais en 2016, entre moitas outras sentenzas -modificación substancial das condicións de traballo, sancións, despedimentos nulos, etcétera-; lembrando que “esta situación de desacato e desobediencia continuada diante das instancias xudiciais e inspectoras levou á CIG a presentar no mes de xullo unha denuncia penal nos xulgados de Ribeira por desacato reiterado e persecución sindical.”

Pola súa banda, Vázquez Cobas amosou publicamente o apoio da formación nacionalista ao persoal da empresa de transporte público ao tempo que avanzou que “o Bloque rexistrou unha iniciativa na que se esixirá que se tomen cartas no asunto e vemos que o único que fan é mirar para outro lado.” Neste senso, o Bloque acusa ao alcalde Manuel Ruiz de “desleixo” e solicítalle á empresa Ferrín que “cese a represión sindical e comece a cumprir cos lexítimos dereitos laborais do persoal.”

Desde o BNG explican que o Grupo Ferrín ten asinado un convenio de colaboración co Concello de Ribeira por valor de máis de 100.000 euros, razón pola cal consideran que “o goberno local ten que mediar no conflito laboral e esixir o cumprimento do convenio colectivo e dos dereitos laborais así como o pagamentos das nóminas atrasadas.”

Vázquez Cobas fixo referencia á normativa legal sobre contratos do sector público no seu artigo 211.1.i, a cal recolle como causa da resolución dos contratos administrativos “o impago, durante a execución do contrato, dos salarios por parte do contratista aos traballadores/as que estiveran participando na mesma, ou o incumprimento das condicións establecidas nos Convenios colectivos en vigor para estes traballadores/as tamén durante a execución do contrato.”

Ante esta situación, a formación nacionalista insta á empresa Ferrín “a cesar a represión sindical que realiza” e solicitará a revisión do convenio que o Concello de Ribeira ten en vigor co Grupo Ferrín “se non se abonan os salarios atrasados e se cumpre cos dereitos laborais do persoal.”

Por último, os nacionalistas tamén pedirán que se tomen as medidas oportunas de acordo coa lexislación en materia de contratos co sector público “para evitar que empresas que xestionen servizos públicos poidan ter unhas condicións laborais indignas”. Segundo concluíu o voceiro do grupo, “as administracións públicas teñen que velar polo cumprimento dos dereitos e se Ruiz Rivas non toma unha posición a favor do persoal será cómplice.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.