O dodrense Ramón Reboiras presentou na Casa de Galicia a súa nova novela

18 Marzo 2024

O xornalista Ramón Reboiras, natural de Dodro, presentou na Casa de Galicia de Madrid a súa nova novela El chevrolet de Pessoa.

O acto consistiu nunha entrevista por parte da xornalista Karmentxu Marín, que preguntou a Reboiras sobre o seu libro, unha obra que ten como punto de partida un poema de Pessoa baseado na estrada de Sintra e asinado polo seu heterónimo Álvaro de Campos e onde o escritor de Dodro traza episodios “dunha vida que se extingue”. Coma no poema, o protagonista non esta cómodo nin en Lisboa nin en Sintra, punto de destino. Son episodios dunha vida trazada con humor e compañeirismo onde non se esquece da familia.

Ramón Reboiras naceu en San Xián de Laiño. Traballou en revistas como Cinemanía ou Rolling Stone, foi director cultural de FNAC España e desde o 2017 dirixe Tinta Libre.

O cantante galego Javier Lago foi o encargado de clausurar o acto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.