A concelleira de Cultura de Ribeira, Antía Alberte, entregou este 17 de mazo os premios do Concurso de Disfraces do Entroido 2024.
Os premiados na categoría infantil foron Mathías Andrés Ramírez Ramos, Manuel e Arón Pena casais, Santiago e Lucía Gago Fandiño, e Sara Sampedro e Valentina González Santos.
Na categoría individual de adultos; os premios foron para Resident Ellit Z Remake e Ultraheroe, na categoría de parella/trío os premiados foron Titanic, Damiselas de Papel e Bella e Bestia, e na categoría de grupo; os premios foron para Bruxas Piruxas, Marsianitos Sin Ghancho e Monster High.




