As chamas nunha cociña orixinan un incendio en Ribeira

13 Marzo 2024

Unha tixola no lume causou un incendio nun piso céntrico de Ribeira. O suceso ocorreu preto do parque García Bayón, na fachada marítima da cidade. As chamas danaron a campá extractora e parte do mobiliario. Os bombeiros e a policía responderon, pero as chamas xa foran sufocadas con auga.

O suceso ocorreu ao redor das dúas menos vinte desta tarde e foi un particular o que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, desde onde se mobilizou ás dotacións de garda do parque comarcal de Bombeiros de Ribeira, intervindo amais efectivos do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) e senllas patrullas das Policías Local e Nacional ribeirenses.

Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.