A Pobra impulsa novamente un obradoiro de conciliación cara á época da Semana Santa

13 Marzo 2024

Para achegar alternativas de lecer ás familias durante o tempo de vacacións de Semana Santa, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal promove novamente un obradoiro de conciliación laboral. Foi anunciado este mércores 13 pola axente da igualdade, Carolina Rodríguez, e a asesora xurídica á muller, María Pérez. Segundo indicaron, este servizo activarase no 25, 26 e 27 de marzo, así como no 1 de abril, coincidindo con xornadas non lectivas, pero si laborais. Desenvolverase, como é o costume, nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras, dende as 09.00 ata as 14.00 horas.

O importe total establécese nos 15 euros por nena/neno, pero aplicaráselle un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para a/o terceira/o.

Disporase, a maiores, das opcións dos servizos de Madruga e Comedor, dos cales cómpre consultar as condicións.

As inscricións efectuaranse a través do Departamento da Igualdade, situado fronte á casa do concello, no teléfono de contacto 981832764, coa extensión 6, ou no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal. A data límite para formaliza-lo trámite establécese no 21 de marzo.

A conciliación refórzase polas tardes co Espazo de Coidados Corresponsables, o cal leva en funcionamento dende o inicio do curso nas mencionadas instalacións escolares, de luns a venres, das 16.00 ás 21.00 horas. Trátase dun servizo municipal de balde suxeito a un mínimo de participantes.

Ámbalas propostas atópanse ao abeiro do Plan Corresponsables co-financiado polo Ministerio da Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...