“Enerxía eólica mariña e sector pesqueiro-marisqueiro: a rumbo de colidir?”. Antón Luaces

12 Marzo 2024

Non dan chegado a un entendemento a ministra para a Transición Ecolóxica e o sector pesqueiro por mor dos parques eólicos mariños.

 O Goberno semella non ser partidario de rectificacións a respecto da planificación dada a coñecer e que fai referencia á instalación de muiños mariños frotantes, e o sector pesqueiro non cede nas súas pretensións de conservar os seus caladoiros de pesca libres de aeroxeradores mariños. 

O sector pesqueiro de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi que traballa no caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste, da emprego a máis de 12.000 mariñeiros que viven dos recursos das costas destas catro comunidades  nas que faenan a cotío 4.300 barcos de distintos rexistros. Estes xeran en terra perto de 50.000 postos de traballo indirectos, motivo polo que o sector pon en marcha unha xeira de protestas que comezan o vindeiro sábado, 16 de marzo, ás 12,00 horas, en Veiga (Puerto de Vega, Asturias), no concello de Navia, onde aínda se fala do antigo porto  baleeiro e reduto conserveiro, condicións perdidas no tempo. En Veiga, baixo o lema “Non  aos eólicos. Pola supervivencia dos pobos pesqueiros” comeza unha protesta que posteriormente se levará a Burela e ata a illa de Gran Canaria.

Cadra esta mobilización coa defensa  da fiscalidade do sector eólico que mantén o director xeral da Asociación Empresarial Eólica, Juan Virgilio Márquez López, que considera que esa fiscalidade é “unha ferramenta estupenda” para “compensar” ás comunidades locais costeiras, ás confrarías e ás contornas da pesca que podan verse afectadas polo despregamento de parques eòlicos nas costas españolas. Pero ningunha condición a prol da redución ou reubicación dos 18 parques eólicos mariños previstos en augas do caladoiro Cantàbrico-Noroeste.

O debate social está aberto: España é un  dos referentes mundiais a respecto da eólica mariña -como recoñeceu o propio José Virgilio Márquez- xa que conta co 75% de toda a cadea de valor da tecnoloxía mariña, amáis de infraestrutura clave (construción naval e loxística portuaria), talento e experiencia dentro do sector eólico. Máis non é menos certo que o sector da pesca -especialmente no Cantábrico-Noroeste, Andalucía e Canarias- xunto cos sectores conserveiro, mexilloeiro e marisqueiro, amosan unha panorámica de emprego superior a canto a eòlica mariña significa neste momento e que, previsiblemente, canto máis medre esa industria máis irá en prexuizo da pesca costeira. Un sector este ao que tampouco falta a tecnoloxía e a infraestrutura punta que se lle recoñece á eólica, como tampouco carece de talento e experiencia, recoñecidos sobradamente no mundo enteiro.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.