Iván Ferreiro estará na nova edición do EStival Fest (Noia)

11 Marzo 2024

A nova edición do Estival Fest contará coa presencia dun dos grandes representantes da actual escena musical galega e estatal: o músico de Nigrán Iván Ferreiro, ex-líder (durante unha ducia de anos) da lendaria banda viguesa Los Piratas.

Segundo confirmou a Área de Cultura do Concello, haberá que esperar ao verán para asistir ao seu concerto en Noia, concretamente ao 13 de xullo, cando presentará as cancións que integran o seu novo álbum, Trinchera Pop.

Producido por Ricky Falkner e gravado entre o estudo Dondenoshabidusientan e na Casa Murada, este álbum lévanos directos ao mundo persoal de Iván, cheo de referencias literarias e cinematográficas, onde “a súa música fainos ver imaxes, sempre de cores diferentes, e cheas de homenaxes”, segundo avanza o selo discográfico. Destacan cancións como En el alambre ou a homenaxe de La humanidad y la tierra, co trío Tanxugueiras e co tamén vigués Nicolás Pastoriza.

O disco Trinchera pop é o sexto álbum de estudo en solitario de novo material de Iván Ferreiro, o primeiro desde Casa (2016).

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.