“Confrarías de pescadores de Galicia, Asturias e Cantabria non concordan cos gobernos autónomos na aplicación dos POEM”. Antón Luaces

11 Marzo 2024

Aínda que os representantes da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños estarán presentes na reunión prevista para o mércores no Ministerio de Transición Ecolóxica para tratar sobre o proxecto de real decreto que regulará as concesións de eòlica mariña, a inaxistenza a ela da ministra Teresa Ribera é considerada unha falta de respecto ao seu sector.

Tampouco se entende, en liñas xerais, a diferencia -cada vez máis ampla- entre os gobernos autónomos das tres comunidades concernidas do Cantábrico Noroeste e os seus mariñeiros cando se trata de falar dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), aprobados vai un ano.

Mentres que as confrarías de pescadores de Galicia, Asturias e Cantabria -en silencio absoluto as de Euskadi e o goberno vasco- rexeitan (e razonan o por que) os proxectos de parques de eólica mariña, os responsables autonómicos abondan nos beneficios que este tipo de enerxía aportan en materia socioeconómica e de descarbonización mariña e industrial.

Como exemplo arguméntase Asturias, territorio que no seu litoral inclúe tres das oito áreas identificadas na demarcación Noratlántica -dúas na comarca occidental do Principado e unha fronte a Xixón- que poden acoller en 2030 un investimento superior aos 2.000 millóns de euros e parques eólicos mariños cunha potencia instalada de 700 megavatios.

O Principado de Asturias, segundo a Estratexia de Transición Enerxética da comunidade autónoma, vai dispor dun aporte eólico mariño estimado en máis de 2 GWh. no ano 2030, unha moeda eficaz para a descarbonización do parque eléctrico rexional. Será, amáis, a panca para sectores estratéxicos como a industria naval, os servizos portuarios ou a obra civil e que Asturias xa ten nunha cadea de subministración industrial xerada a esa actividade que produce 1.500 empregos, aos que se poderían sumar os que xeran varios proxectos de compoñentes en Xixón.

Sen embargo, as confrarías de pescadores de Asturias, Cantabria e Galicia levarán a cabo concentracións  nos seus respectivos portos para expresar o seu rexeitamento ao “ataque” que supón para o sector a planificación para o desenvolvemento de instalacións de xeración eólica mariña. Neste senso, a Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños anuncia a presentación de alegacións ao Proxecto de Real Decreto para solicitar a paralización da normativa mentres non se resolva o recurso presentado perante o Tribunal Supremo contra os POEM aprobados o ano pasado,

As zonas nas que vai poder desenvolverse a eólica mariña son cinco: a Noratlántica, a Suratlántica, a do Estreito e Alborán , a Levantino-Balear e a Canaria que, en conxunto, suman 5.000 quilómetros cadrados (o 0,46% das augas nacionais). 

A Plataforma mantén e manterá contactos cos partidos do Goberno e da oposiciòn, aos que traslada a esixencia de coñecer o resultado dos estudos sobre o impacto que tería nos ecosistemas mariños a implantación deses parques eólicos encargados ao Instituto Español de Oceanografía e á Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación.

Para os pescadores non ten ningunha explicación lòxica a negativa da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera,  a se reunir con eles, mentres que “son contínuos os seus encontros con lobis enerxéticos que están detrás da implantaciòn da eólica mariña”, feito que constitúe  “unha falta total de consideración” ao sector primario.

Manteñen a demanda dunha xuntanza co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, ante a “total ausencia” do seu departamento na planificación para implantar a enerxía eólica en augas marítimas españolas.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.