Cánticos feministas polo Día Internacional da Muller na Pobra do Caramiñal

08 Marzo 2024

Concello

A reivindicación dos dereitos da muller fíxose notar na Pobra do Caramiñal en forma de manifestación e música tradicional neste 8 de marzo. Debido á xornada de chuvia, modificouse o itinerario previsto. Ataviada con panos de cor morada e pasquíns coa xota de Queimadelos con letra adaptada ao contexto social actual, a xente congregada partiu da praza Alcalde Segundo Durán con rumbo ao teatro cine Elma. Alí, a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, reiterou a importancia de seguir loitando por unha sociedade igualitaria e deu lectura ao manifesto da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) no que se recolle o compromiso das institucións locais de promove-la igualdade de xénero en tódalas áreas da sociedade. “Recoñecemos que aínda existen
desigualdades sistémicas que afectan as mulleres nas nosas comunidades e comprometémonos a abordalas de maneira máis activa e efectiva, tendo especial sensibilidade con aquelas mulleres que máis difícil o teñen, como son as mulleres con discapacidade, mulleres migrantes, mulleres de diferentes etnias e mulleres que viven no medio rural. Non se pode progresar sen a metade da poboación, que son as mulleres, nin á conta delas”, apuntou.
A igualdade tamén se cantou coa Asociación Cultural Eiradela a través de varias coplas tradicionais. Pandeireta en man, catro das súas integrantes entoaron cánticos con perspectiva de xénero.
O mes de marzo tínguese de cor morada cunha ampla programación impulsada pola Concellaría da Igualdade para seguir avanzando cara o feminismo. As IX Xornadas Muller e Ciencia, contacontos para escolares, charlas para a primaria, actividades na secundaria e un curso de autodefensa son as accións promovidas neste ano.

Concello

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.