Ricardo de Barreiro e o Castelo da LĂșa, protagonistas da finde cultural de Rianxo

24 Xaneiro 2020

O Concello de Rianxo afronta a Ășltima fin de semana de xaneiro cunha completa axenda de actividades culturais. Á cita arredor de Rafael Dieste que se celebrou onte na sĂșa casa-museo, da man de JosĂ© LuĂ­s do Pico Orjais e BarahĂșnda, sĂșmase a sesiĂłn de poesĂ­a e performance que depara este venres 24 o actor e escritor de Lousame Ricardo de Barreiro ĂĄ veciñanza de Rianxo. A cita de hoxe serĂĄ na Biblioteca Municipal, a partir das 20.30. A sesiĂłn (A+A) de Ricardo de Barreiro Ă© unha sesiĂłn dupla: comeza sendo a presentaciĂłn dun audiolibro para internarse de cheo nas sĂșas pĂĄxinas.

MĂĄis en detalle, a performance poĂ©tica A+A narra a historia de “dous peixiños autodidactas aprendendo a amar, dous seres anĂłnimos que deciden contar a sĂșa propia historia anĂłnima de amor”. A sesiĂłn,un espectĂĄculo-viaxe para pĂșblico adulto, ten unha duraciĂłn aproximada de unha hora e quince minutos, e artĂ©llase como dixemos en dĂșas partes: unha primeira parte na que, “de xeito informal e distendido”, se explica o porquĂ© e o como se fixo este audio-caderno de artista, e unha segunda parte na que, despois de apagar todas as luces do espazo, faise unha lectura dos poemas de A+A dun xeito “intimista e emocionante”.

Respecto da xornada do sĂĄbado, incluirĂĄ a presentaciĂłn dunha curtametraxe que ten de pano de fondo o Castelo da LĂșa, a lendaria construciĂłn medieval de Rianxo, o fĂ­o condutor dunha nova obra audiovisual que leva o seu nome (O Castelo da LĂșa) e que vai ser dada a coñecer este sĂĄbado 25 de xaneiro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a partir das 20.00 horas. TrĂĄtase dunha curta producida por VouFilms e dirixida e escrita por Lois Basallo.

O acto, que Ă© de balde e para todos os pĂșblicos, incluirĂĄ a proxecciĂłn e, tamĂ©n, unha mesa redonda na que participarĂĄ o director, Adriana Rego, historiadora da Arte, Mario CĂ©sar, arqueĂłlogo e os actores Sergio Pazos e Miguel Pernas. Na presentaciĂłn tamĂ©n se proxectarĂĄn outras curtametraxes da devandita produtora: As Lavandeiras e mĂĄis As Costureiras, as dĂșas de VouFilms. A actividade insĂ­rese no programa de acciĂłns que organiza o Concello para conmemorar o 70 cabodano de Alfonso Daniel RodrĂ­guez Castelao (o programa Castelao 2020).

Outros artigos

CĂĄritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitĂșanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. CĂĄritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio econĂłmico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Os socialistas do Barbanza amosan o seu apoio a Pedro SĂĄnchez

Os socialistas do Barbanza reunironse esta mañå en Rianxo en apoio ao presidente, Pedro SĂĄnchez. O secretario comarcal, Luis Ruiz, leu un manifesto acompañado dos candidatos comarcais e a militancia socialista da comarca. ​ “Os partidos da dereita, incapaces de...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“RebĂ©late, pois, se tĂ©s vontade. Fala, sente”. AntĂłn Luaces

“RebĂ©late, pois, se tĂ©s vontade. Fala, sente”. AntĂłn Luaces

A frase non Ă© -que mĂĄis quixera!- da miña autorĂ­a. Pertence ao escritor monfortino Lois DiĂ©guez, quen na contracuberta da sĂșa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dĂ­: "... eu non son asĂ­, eu non son un mĂłbil nin mĂĄquina ningunha. RebĂ©late, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarån los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...