O programa de envellecemento activo da Pobra pon novamente o foco na estimulación cognitiva

08 Marzo 2024


C.P.

A Concellaría dos Servizos Sociais e o Centro Sociocomunitario e do Benestar da Pobra do Caramiñal lanzan unha nova convocatoria do programa de envellecemento activo, un ciclo de obradoiros que, segundo salientou o Concello, “medra en número de participacións”, pon o foco na estimulación cognitiva e ten como finalidade “mellorar a calidade de vida da veciñanza maior”.

O director do centro, Ricardo Lago, referiuse a algúns estudos que apuntan cara aos factores que redundan nun envellecemento saudábel; entre eles, unhas fortes relacións sociais pola actividade que se xera no cerebro, por exemplo, no momento de manter unha conversa. Con este programa que se repite novamente na Pobra preténdese así “adiar o máximo posíbel o deterioro físico e cognitivo asociado ao envellecemento, contribuíndo a que as persoas maiores poidan seguir sendo activas e que se sintan integradas na sociedade”, explicou.

Tamén a este respecto se pronunciou a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, quen declarou que a participación e o lecer “son as dúas palabras clave”, por incentivar a socialización e creatividade; dous aspectos moi positivos no ámbito neurolóxico. Esperta, ademais, segundo manifestou, moita expectativa entre a xente maior. Por iso, a Administración local reitera a súa aposta por esta iniciativa a través do seu financiamento con máis de 5.000 euros.

A dinámica é a mesma ca en anteriores ocasións, polo cal divídese en dous semestres, no horario da tarde. No primeiro, a musicoterapia transcorrerá aos mércores, dende o día 3 de abril ao 5 de xuño, da man de Ignacio Crespo, mentres que o envellecemento activo se desenvolverá aos venres, do día 5 de abril ao 31 de maio, a cargo da Cruz Vermella. Xa no segundo semestre, a musicoterapia impartirase do día 16 de outubro ao 11 de decembro e o envellecemento activo terá lugar dende o día 4 de outubro ao 29 de novembro. Farase unha parada nos meses do verán.

O prazo de matrícula xa está aberto; trámite que se pode formalizar nas propias instalacións do Centro Sociocomunitario e do Benestar.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.