O Concello de Rianxo e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar renovaron o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o desenvolvemento do programa Xantar na Casa.
O novo convenio permitirá aumentar en cinco as persoas beneficiarias do servizo ao cal o Concello de Rianxo contribúe cunha achega anual de 16.000€.
O programa é unha iniciativa da Consellería de Política Social e dos Concellos posto en marcha en 2008. A través del, repártense comidas preparadas a domicilio para anciáns ou persoas que se atopan en risco de exclusión social.




