“O sector pesqueiro español quere que se prorrogue a operación Atalanta” – Antón Luaces

08 Marzo 2024

Polo menos tres persoas morreron e outras catro resultaron feridas -tres delas en estado crítico- no ataque levado a cabo o pasado mércores por rebeldes iemenenses hutis contra barcos que navegaban no Mar Roxo e o golfo de Adén, nunha medida que se entende como de defensa e apoio á poboación palestina por parte do exército de Israel. Entre os mortos e feridos non figura ningún español.

Este ataque cadra no tempo coa demanda da patronal pesqueira española Cepesca de que se prorrogue outro ano o dispositivo de defensa Operaciòn “Atlanta” coordinado actualmente por España e que vai rematar -se non hai modificacións- no vindeiro mes de decembro. Cepesca considera que os últimos datos sobre os actos piratas no Corno de África xustifican a ampliación dos labores de vixilancia.

A petición  da patronal pesqueira española ven producirse dempois de que o  Clúster Marítimo Español, presentara a mesma petición á ministra de Defensa de España, Margarita Robles, diante do incremento da piratería nas costas de Somalia.

A operación “Atalanta”, posta en marcha pola Uniòn Europea a finais de 2008 para facer fronte á ameaza dos piratas somalís prevista ata o 13 do próximo decembro, e a actual petición de alongar a súa vixencia , está xustificada pola actividade continuada da piratería no Corno de África. De ser autorizada tal ampliación, a campaña remataría o 13 de decembro do vindeiro ano 2025, atendendo deste xeito a petición do sector pesqueiro español ás conclusión do último informe sobre Pirateria e Roubo Armado publicado o pasado mes de xaneiro pola Oficina Marítima Internacional (IMB) que advirte do preocupante aumento dos incidentes de piratería marítima e roubo a man armada rexistrados durante o ano pasado, especialmente co secuestro levado a cabo en decembro nas costas de Somalia, o primeiro producido na zona dende 2017. O informe reflicte que en 2023 foron 105 as abordaxes producidas, 9 tentativas de ataque e o secuestro de catro embarcacións das que dúas recibiron disparos indiscriminados. En total, a IMB rexistra 120 incidentes de piratería marítima e roubo armado contra barcos durante o ano pasado, 5 máis dos contabilizados en 2022.

Para Cepesca estes incidentes supoñen un evidente risco para as tripulacións, como o demostra o número de mariñeiros tomados como reféns, pasando estes de 41 a 73, mentres o número de tripulantes secuestrados por piratas foron de 2 en 2022 a 14 en 2023. Estas cifras constatan, para Cepesca, que a piratería “segue a ser un risco para os barcos que navegan fronte ás costas de Somalia”, motivo polo que reclama que o Goberno prorrogue a  operación ante os “bos resultados” que se deron á seguridade dos barcos españois que transitan ou faenan na rexión.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.