“Cero, o número redondo”. Luís Celeiro

07 Marzo 2024

Estaba na sala de espera esperando, mentres o tempo pasaba correndo e non se paraba con
ninguén. O seu era un número coma os outros quince ou vinte que agardaban diante
daquela pantalla pendurada da parede, como se fose unha televisión das primeiras que se
coñeceron con pantalla plana. O número de cada un deles ía aparecendo cunha cor de boa
visibilidade e os pacientes ou doentes levantábanse dos asentos esbrancuxados e andaban
cara a porta da consulta enumerada.
Os outros miraban o reloxo e a cara quedáballes en branco roto. Quedan nove diante de
min, dicía Maruxa, unha señora coas meixelas coloradas, nas que se lía con total claridade o
que estaba pensando sobre o funcionamento do sistema. Todos coincidían nas loanzas e
eloxios ao persoal do centro sanitario e, probablemente, todos interpretaban
correctamente o pesar de Maruxa, escrito nas dúas meixelas da súa cara, “o que falla é o
sistema”. Si, o sistema informático ou organizativo, quizais.
O número é a chave, neste e noutros sistemas, igual que no servizo militar, cada soldado era
un número (e ás veces nin iso). O vinte e catro! Que se poña de pé, firmes! dicía aquel
animal, o capitán da octava. Firmes e sen pestanexar! Así, como el mandaba, había que
estar. Moitas veces mortos de medo, desexando que pasara aquel tempo longo para borrar
o número e ser outra vez fulano de tal, sen máis ou sen nada.
No hospital, na sala de espera, no despacho de billetes de Renfe e en moitos outros lugares,
cada home é un número. Incluso, nas eleccións e na gobernanza, o valor está no número de
votos. E na presentación dun libro, na conferencia da científica, nas clases de xadrez, de
portugués ou de inglés, cómpre ter en conta o número de comparecentes. No traballo
tamén hai que andar co número na testa. Hai que saber as horas de esforzo, de asistencia e
de parola. Hai que estar atentos aos números e saber que son mellores os que suman.
Un número para entrar, outro para preguntar e, na resposta, outro número que
normalmente non se entende. O número de pasos, de mazás ou de quilómetros que debes
andar cada día para reducir o número de quilos que sobran no bandullo. Ese número… Se é
para multiplicar, como di a Tía Manuela, que non sexa o cero, o número redondo, o da
dereita.
Á dereita ou á esquerda, para sumar, o cero non ten valor, vale cero e máis nada. Na política
e na banca, en facenda e na carteira, o cero é iso e nada máis. Os políticos e as políticas
falan de sumar, de aportar e de ganar. Saben tamén do valor enorme da fiabilidade, da
palabra e do pensamento. Saben eles, e todos sabemos, que o respecto, a confianza, a
defensa da igualdade, a empatía e a solidariedade, a bonhomía e a responsabilidade son
valores que requiren atención.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.