A Deputación adxudica por 856.000 euros a segunda fase das obras de mellora da DP-1105, que une Noia, Lousame e Boiro

06 Marzo 2024
Formoso en Noia o pasado mes de outubro, acompañado do rexedor Santiago Freire

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 856.890 euros a execución da segunda fase da mellora da estrada DP-1105, que conecta os municipios de Noia, Lousame e Boiro. O pasado xoves 29 de marzo formalizouse a sinatura do contrato coa adxudicataria, Francisco Gómez y Cía, S.L. Abriuse así un período dun mes para a firma da acta de traza de planta. Neste último acto fixarase a data de comezo das obras, dentro das seguintes semanas.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, avanzou en Noia a finais de outubro pasado a intención de “dar continuidade á renovación da estrada, logo de que se completara a mellora dun primeiro tramo de cinco quilómetros en Noia”. Agora, finalizado o procedemento de licitación, darase inicio ás obras, que nesta ocasión se desenvolverán nos concellos de Lousame e Boiro, entre os puntos quilométricos 5,5 e 13.

Segundo lembraron fontes da Deputación, os traballos suporán a renovación da plataforma da estrada mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor. Tamén se inclúe a roza das marxes, a apertura e limpeza de beiravías e cunetas, o pintado das marcas viarias, bordes e pasos de peóns e a renovación da sinalización horizontal.

Con esta nova actuación, a Deputación suma 1,5 millóns de euros de investimento para completar a mellora integral dunha estrada que Formoso definiu como “fundamental para a vertebración das comunicacións da comarca de Barbanza” e que rexistra un importante volume de tráfico diario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.