
Os Bombeiros de Boiro axudaron a unha delas a saír do seu vehículo, mentres que o GES de Noia ocupouse de despexar o asfalto.
Dez minutos despois das 17 horas, o 112 Galicia tivo constancia do accidente mediante o aviso do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: dous coches colidiran no quilómetro 2 da DP-1105, en Tállara.
Logo de ser atendidos no punto, ambos feridos serían evacuados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Desde o 112 Galicia solicitouse a acción dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia e da Garda Civil de Tráfico.




