Novo número da nosa edición impresa de Código Cero, revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia

03 Marzo 2024

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero, o 246,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao inicio da construción dun estudio inmersivo na Cidade das TIC. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Goberno anuncia na Coruña unha Oficina Nacional de Asesoramento Científico
– O equipo do CITIC liderado por Verónica Bolón acada unha cátedra ENIA en algoritmos verdes
– Falamos de Talentos Inclusivos con Javier Pereira, subdirector do CITIC
– O satélite da UVigo Lume1 completou a súa misión tras cinco anos de intensa actividade
– A Cátedra Chip do CiTIUS e Televés recibirá 1,6 millóns de euros do Estado
– A Xunta comezou o ano reforzando tecnoloxicamente os servizos autonómicos de emerxencias
– A aplicación autonómica XuntaEu sumou 6.000 descargas nun mes
– Máis de 4 de cada 5 empresas tecnolóxicas galegas utiliza software libre
– A Olimpíada Informática Galega 2024 xa ten gañadores
– R proba en Vilagarcía un sistema de retransmisión de eventos deportivos con 5G
– A Deputación da Coruña comeza a construción do escenario virtual da Cidade das TIC
– O avogado especializado en Dereito Víctor Salgado analiza para nós as Apple Vision Pro
– Entréganse en Santiago os premios da edición 2023 de Youtubeiras
– 21 días co galego e + pecha edición 6ª con récord de participación e de actividade en liña
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– O CITIC, atlanTTic e a Cátedra R organizan o 14 de marzo o evento Talento-CiberR
– O proxecto AFID busca integrar drons autónomos nas plantas de automóbiles

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.