“Da semana inglesa ao acordo tripartito para reducir a xornada laboral”. Antón Luaces

03 Marzo 2024

Hoxe en día, cando España está a incrementar a produtividade do traballo para, ao mesmo tempo, facer que suba o emprego, o secretario xeral de Comisións Obreiras (CC.OO.), Unai Sordo, formula o seu convencemento de que hai “marxe” para que se reduza a xornada laboral.

Para que esto sexa así, Sordo aposta por un “acordo tripartito” asumido polo Goberno, os sindicatos e as organizacións empresariais. Para tal reforma resulta necesario, a xuízo de Unai Sordo, explorar un acordo coa Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE).

É tempo de abordar esta negociación: quedan por diante uns meses para facelo porque, na opiniòn do secretario xeral de CC.OO., a xornada laboral en  España debe baixar das 40 horas na que leva instalada dende o ano no que se implantou o Estatuto dos Traballadores (Lei 8/1980, de 10 de marzo, que entrou en vigor polo Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo).

[Na comarca do Barbanza foi a empresa Talleres El Nervión HMR, que chegou a ter un plantel de 150 traballadores formados como mecánicos nas propias instalación, a primeira en  implantar a denominada “semana inglesa”, de nove horas  -cinco pola mañá e catro pola tarde-, posteriormente de oito horas (catro e catro) con descanso o sábado pola tarde, os domingos todo o día, así como os festivos nacionais e as datas  festivas patronais,

Talleres El Nervión HMR, adicado á fabricación de motores mariños diesel, traballou en diversas facetas dende 1918 a 1982. Tiña a súa sede central na rúa Linares Rivas, 5, de Ribeira. Nesta poboación ocupou un edificio de dous andares e baixo nas que, amáis da fabricación  de motores HMR, realizaba a reparación desta e outras marcas, no amplísimo edificio coñecido como “O Manicomio”, dispondo asimesmo de fundición de seu nas Carolinas, perto da praia de Coroso. En 1948, HMR creou o prototipo de motor de 12 cabalos. Anos máis tarde nacía no seo da empresa o xornal “Armonía” confeccionado polos propios traballadores, editado en ciclostil, a tinta azul].

A proposta actual de CC.OO. emana dun acordo de Goberno que

determinou a redución de xornada e agora, sinala o sindicato, compre unha segunda “oportunidade” á negociación nas organizacións empresariais para esa  baixada produto do devandito acordo tripartito que deberá ser trasladada aos convenios colectivos que están neste momento en  proceso de negociación. Será pouco doado, máis non imposible conseguilo. E apurando as posibilidades para tal acordo, con meses por diante para acadalo.

Un informe do sindicato presentado o pasado venres fai unha análise da evolución do emprego en España dende 2018 ata a actualidade. Evidencia que en España se incrementou en máis dun millón e medio os traballadores asalariados en termos natos: “O incremento do emprego en España dou un salto adiante en materia de contratación indefinida que non  coñecera nos últimos 40 anos”, dixo Unai Sordo.  

Os datos constatan que se está a xerar emprego en segmentos de media e alta produtividade de medio e alto valor engadido, o que confirma que ”era perfectamente compatible” incrementar os salarios mínimos interprofesionais e, ao mesmo tempo, “reducir drásticamente a temporalidade e xerar emprego de superior calidade”.

Nunca pasara antes en España que se incrementara a produtividade do traballo á vez que se aumentaba o emprego.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.