Muros celebrará o 8M con contacontos, coloquios, unha concentración no Concello, visitas guiadas e presentacións de libros

02 Marzo 2024

O Concello de Muros presentou este venres a súa programación do venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con diferentes actividades de concienciación para todas as idades. A alcaldesa, María Lago, comentou no acto cos medios de comunicación que “a desigualdade é un problema estrutural que esixe unha resposta social forte”, polo que mostrou a súa confianza en que as actividades previstas sirvan “para reflexionar e seguir avanzando para acadar o obxectivo dunha igualdade real e efectiva”. Lago lanzou un convite a veciñanza “a participar nas actividades para conmemorar esta data tan sinalada e importante, para seguir loitando pola igualdade e construír deste xeito unha sociedade mellor”.

A alcaldesa presentou a programación xunto á concelleira de Igualdade de Muros, Maruxa Martínez, e Julia Quinteiro, directora do CIM (Centro de Información á Muller). Martínez destacou a importancia de conmemorar este día “para recoñecer tanto os avances feitos ata o momento en materia de igualdade de xénero e feminismo como para reivindicar os que aínda están por facer”.
A programación comezará con dúas sesións de contacontos os días 5 e 6 de marzo, para dar paso o xoves 7 a un coloquio sobre coidados e autocoñecemento feminino.

O propio 8 de marzo celebrarase unha concentración e lectura de manifesto por parte dos centros educativos e unha visita guiada sobre‘O papel da muller polo conxunto histórico e o Museo do Mar.

Ata o día 22 de marzo seguirán as actividades por todo o municipio muradán. Ademais, no pleno deste venres aprobouse por unanimidade unha Declaración Institucional polo Día da Muller.

Reproducimos aquí o cartaz completo das actividades:


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.