Aprobados na Pobra os orzamentos para “o medre económico, social e de infraestruturas” presentados polo Executivo

01 Marzo 2024

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na tarde deste 29 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do pleno da Corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

Único: Aprobación inicial do orzamento municipal para o exercicio 2024. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñíbel na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

O orzamento aprobado, tal e como explicou o equipo de Goberno a comezos desta semana, vén cunha contía que ascende aos 9.163.339’36 euros. Con esta cantidade “darase resposta ás demandas da veciñanza, tras incrementar a asignación de mantemento en tódalas áreas e nalgúns servizos dos cales a Administración local é pioneira e referente”, explicou o Executivo, salientando que con estes orzamentos créanse partidas que non se recollían con anterioridade, como, por exemplo, a destinada ao patrimonio, e medran as da conciliación, da seguridade e do benestar animal, entre outras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.