O Executivo da Pobra presenta un orzamento municipal para 2024 que supera os 9 millóns de euros

26 Febreiro 2024

“Medre económico, social e de infraestruturas” son os tres principios que rexen a proposta orzamentaria que levará o Goberno municipal da Pobra do Caramiñal ao pleno extraordinario do día 29 de febreiro. Así o fixeron saber este luns 26 de febreiro as/os integrantes do Executivo local, engadindo que “estamos a falar dunha contía que ascende aos 9 163 339’36 euros cos que lles dar resposta ás demandas da veciñanza, tras incrementar a asignación de mantemento en tódalas áreas e nalgúns servizos dos cales a Administración local é pioneira e referente”.

Créanse, polo tanto, partidas que non se recollían con anterioridade, como, por exemplo, a destinada ao patrimonio, e medran as da conciliación, da seguridade e do benestar animal, entre outras.

“Somos plenamente conscientes do que queren os nosos veciños e veciñas, froito da escoita activa. Queremos cumprir coas súas expectativas, queremos unha Pobra coidada e próspera”, nas palabras do alcalde, José Carlos Vidal.

Segundo explica, “A Pobra do Caramiñal será o primeiro concello da comarca en debater o seu documento económico para o exercicio de 2024.” O mandatario local remarca a importancia de “contar cun orzamento actualizado para optimizar o desenvolvemento da actividade diaria municipal. Por iso nos puxemos a traballar nel dende o primeiro momento, como un exemplo máis do noso compromiso. Somos un executivo cohesionado, onde deixamos de lado os intereses partidistas para nos centrarmos no verdadeiramente importante: o servizo público e o ben común. E, logo de pouco máis de seis meses dende o comezo do mandato, traemos xa a nosa proposta de orzamento municipal.” Engade que “temos claro cal é o noso proxecto para A Pobra nos catro anos que temos por diante e con ese orzamento queremos seguir dando pasos firmes durante o actual exercicio, como viñemos facendo ata agora, sempre na procura da mellora da calidade de vida do pobo.”

O concelleiro da Facenda, Eloy Sobrido, salientou a importancia de aprobar o novo orzamento cos gastos actualizados, o cal “nos vai permitir atender de maneira máis áxil as necesidades que a veciñanza nos foi transmitindo ao longo destes meses.” Destacou o crecemento do crédito destinado ao mantemento nas distintas concellarías, o reforzo de servizos, o impulso ao tecido comercial e a achega a entidades como, por exemplo, a Protección Civil.

Nesta mesma liña tamén se pronunciou a edil da Cultura, Patricia Lojo, quen reiterou a facilidade de chegar a un acordo por parte das catro forzas que integran o goberno, pois “priorizamos sempre A Pobra do Caramiñal por riba de calquera partido político”, enfatizou.

“Este orzamento responde a unha Pobra ben coidada”. Con esta expresión comezou a súa intervención a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo. “Non só queremos ser dinamizadores; tamén motor para xerar emprego”. Isto, dixo, “exemplifícase en pór en marcha un programa de asesoramento individualizado para o comercio e a hostalaría, seguir coa Escola de Segunda Oportunidade, a potenciación do Coworking… Afondarase tamén no eido social (por exemplo, o espazo nas escolas e a ampliación da partida para actividades nos centros socioculturais) e en melloras de instalacións como a praza de abastos, centros socioculturais e en accesibilidade”, engadiu.

Tamén o edil do Urbanismo, Xosé Lois Piñeiro, se referiu ao soporte para o mantemento nas distintas áreas, como a dos Servizos Municipais, para seguir facendo énfase na limpeza, ou as consignacións para a do Turismo ou a do Medio Ambiente. “Son uns orzamentos que serven para dinamizar moitas áreas”, recalcou.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...