“Corrupción empresarial e política” – José Manuel Pena

29 Febreiro 2024

“O abuso dunha posición de confianza para a obtención dun beneficio deshonesto”, esta é a definición de corrupción. Desgraciadamente, a corrupción non ten unicamente unha natureza de carácter política senón que afecta tamén ao tecido empresarial, aos sindicatos, aos medios de comunicación e a boa parte da sociedade. O peor, é que a corrupción xera graves problemas sociais e morais.

Segundo algúns autores, o problema da corrupción é que sempre estivo aí, en España, porque hai unha cultura social moi corrupta e ademais o sector privado é cómplice da mesma, volvéndose cada vez máis sofisticada e globalizada.

Por outra banda, podería dicirse que a corrupción política non sería tal sen a complicidade, a participación activa e necesaria da corrupción empresarial, que leva a unha rede delituosa organizada de branqueo de capitais, sociedades pantasma, extorsións, subornos e un clientelismo endémico que leva mesmo ao financiamento de partidos políticos e diso, en Galicia, sabemos moito, e que continúa existindo unha espiral de corrupción e avaricia por enriquecerse desmedida.

A utilización de empresas para o financiamento de partidos ou formacións políticas e logo a obtención de favores políticos foi unha práctica moi habitual en Galicia, desde hai moito tempo. Tan normal parece que xa se considerou como algo habitual, tradicional e moi necesario para o financiamento irregular das campañas lectorais dalgúns partidos políticos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...