O Lustres Rivas de Ribeira acolle este venres a inauguración de “EmpoderArte”, en homenaxe a Carmen Romero e encadrada no 8M

29 Febreiro 2024

Este venres 1 de marzo inaugúrase en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas ás 20.30 horas, a exposición titulada EmpoderArte, organizada dende a área municipal de Cultura como homenaxe á artista Carmen Romero. Trátase dunha mostra colectiva na que participan máis dunha trintena de artistas e coa que o Concello de Ribeira quere celebrar celebramos non só os logros e contribucións das mulleres ao longo da historia, senón tamén a súa vitalidade e creatividade no eido artístico.

A mostra forma parte do programa Marzo de Igualdade do Concello, destinado a conmemorar o Día Internacional da Muller, este 8M. Inclúe máis dunha decena de accións no mes vindeiro que xirarán arredor da muller, da igualdade e do feminismo como valores transversais na sociedade e “que debemos promover tamén dende as administracións”, explicou na presentación da axenda Antía Alberte, engadindo que “con esta programación o que pretendemos é crear sinerxías entre as concellerías e fomentar dende este goberno unha cultura de carácter feminista”.

Ao día seguinte da inauguración, o sábado 2 de marzo ás 12.00h, tamén no Centro Cultural Lustres Rivas haberá contacontos para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias da man de Atenea García. Para esta actividade será preciso realizar inscrición previa enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.