Volven as Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes cunha charla sobre como reducir a presenza de radon nos nosos fogares (este xoves 29 na Casa da Cultura)

28 Febreiro 2024

Este xoves 29 de marzo de marzo prosegue en Outes o ciclo de conferencias-coloquio das XVIII Xornadas de Información Sociosanitaria. O ciclo continuará cunha sesión divulgativa centrada na presenza en Galicia do gas radon e dos recursos cos que conta a cidadanía para minimizar o impacto deste gas radioactivo moi estendido na nosa terra por mor, principalmente, da abundancia de solos graníticos. A charla será impartida polo doutor Alberto Rano Raviña. Será como dixemos este 29 de febreiro ás 18.30 horas na Casa da Cultura (Centro Social).

Curso 2023-2024

A nova edición das Xornadas Sociosanitarias de Outes celebrarase entre outubro de 2023 até maio de 2024, o último xoves de cada mes ás 18.30 horas. O programa vén composto de sete conferencias-coloquio, coordinadas polo doutor Xosé María Dios Diz.

O 21 de marzo será a quenda de Luis Mayo Suárez, que falará do Coñecemento da poboación dos efectos do radon na saúde. Luis Mayo é licenciado en Medicina e Cirurxía, amais de alumno do TFG.

O 17 de abril, Miguel Vázquez Vázquez, especialista en Xeriatría e Xerontoloxía Social e director de CALIGERS, impartirá a charla Soidade na idade adulta. Estratexias preventivas e alternativas de vida para a vellez.

As xornadas rematarán o 30 de maio, con Saúde mental: saber pedir axuda, a cargo de Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Universitario de Conxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.