O gas radon e as metodoloxías para diminuír a súa presenza centran unha nova sesión das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes (este xoves)

27 Febreiro 2024

O Centro Social de Outes, ao abeiro do ciclo de conferencias-coloquio das XVIII Xornadas de Información Sociosanitaria, vai acoller unha sesión divulgativa centrada na presenza en Galicia do gas radon e das metodoloxías que podemos poñer en práctica a diario para liberar os nosos fogares e os nosos espazos de traballo deste gas radioactivo. A charla será impartida polo doutor Alberto Rano Raviña. Será este 29 de febreiro ás 18.30 horas na Casa da Cultura (Centro Social).

Curso 2023-2024

A nova edición das Xornadas Sociosanitarias de Outes celebrarase entre outubro de 2023 até maio de 2024, o último xoves de cada mes ás 18.30 horas. O programa vén composto de sete conferencias-coloquio, coordinadas polo doutor Xosé María Dios Diz.

O 21 de marzo será a quenda de Luis Mayo Suárez, que falará do Coñecemento da poboación dos efectos do radon na saúde. Luis Mayo é licenciado en Medicina e Cirurxía, amais de alumno do TFG.

O 17 de abril, Miguel Vázquez Vázquez, especialista en Xeriatría e Xerontoloxía Social e director de CALIGERS, impartirá a charla Soidade na idade adulta. Estratexias preventivas e alternativas de vida para a vellez.

As xornadas rematarán o 30 de maio, con Saúde mental: saber pedir axuda, a cargo de Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Universitario de Conxo.

Outros artigos

Luns 20 con ceo cuberto na comarca e temperaturas sen cambios

O luns comeza con ceos parcialmente nubrados sen descartar algunha chuvia feble ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución que poden derivar en algún chuvasco, máis probable en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión