Os Xogos da XXV Olimpiada (Xogos Olímpicos de Barcelona) vivíronse en España entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1982. Barcelona acolleu este evento multideportivo internacional no que tomaron parte 9.356 atletas -6.652 homes e 2.704 mulleres- de 169 comités nacionais doutros tantos países, baixo o lema “Amigos para sempre”.
O estadio olímpico de Montjuic acolleu a cerimonia inaugural na que o medallista paralímpico madrileño de tiro con arco adaptado, Antonio Rebollo Liñán, prendeu a chama olímpìca disparando unha frecha acesa sobre o pebetero (caldeiro) olímpico. Unha xornada inesquecible, como o foi tamén o desenvolvemento xeral dos xogos, nomeadamente para España, clasificada en sesto posto ao acadar 22 preseas: 13 de ouro, 7 de prata e 2 de bronce. Participaron nesta cita olímpica, representando a España, 430 deportistas en 25 deportes.
Dentro de 50 días, exactamente o 16 de abril de 2024, será acendida en Olimpia polo campión olímpico grego Stefanos Ntoúskos o facho olímpico, un dos símbolos máis firmes en calquera dos xogos olímpicos.
Serán arredor dos 600 os portadores do facho olímpico que, ao longo de máis de 5.000 quilòmetros -dende Meteora a Kastellerizo e de Delfos a Santorini- chegará a Atenas o 26 de abril. Os derradeiros portadores do facho grego serán os xogadores da seleción nacional de waterpolo, medallista de prata olímpica en Tokio 2021.
Será ese 16 de abril cando se acenda de novo a chama olímpica en Olimpia. Após varias semanas en Grecia e no mar, a bordo do Belem, desembarcará en Marsella o 8 de maio para comezar a súa andaina por territorio francés.
Dende este 8 de maio, 10.000 exploradores franceses portarán o símbolo olímpico durante 68 días ao longo de máis de 12.000 quilómetros, percorrendo máis de 60 departamentos e territorios galos. 65 municipios servirán como cidades de escala e vanse cruzar máis de 400, moitos deles con lugares patrimoniais como Montmartre, a cova de Lascaux ou Mont-Saint-Michel.
A chegada a Marsella será unha ocasión espectacular. Un desfile de embarcacións de todos os tamaños -dende kayaks ata veleiros- e unha gran festa popular no porto materializada por una pista de atletismo. Alí acenderán o primeiro caldeiro cuns portadores de chamas. E a partir de aquí, Parìs vivirá os seus terceiros xogos olímpicos. Queda moito por facer e máis aínda do que falar a respecto das olimpiadas francesas nas que, oxalá, o selecionado español poda “falar” alto e claro.



