Presentados os novos párrocos no Barbanza

26 Febreiro 2024

Este domingo o arcebispo de Santiago procedeu a presentar ós novos párrocos e moderadores das parroquias do Araño, Isorna, Taragoña, Fruime, Boiro, Abanqueiro, Bealo, Cabo de Cruz, Cespón , Cures e Macenda.

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco Prieto, presentou a Juan Carlos Martínez Mariño, que actuará como moderador, e Juan José Bermúdez Abuín, como párrocos in solidum de santa Baia de Araño, Santa María de Isorna e Divino Salvador de Taragoña, no arciprestado de Iria Flavia, e San Martiño de Fruime, no Arciprestado de Postmarcos de Arriba.

Xa pola tarde, o arcebispo presentou a Juan José Bermúdez Abuín, que actuará como moderador, a Marcelino Barros Redondo e a Juan Carlos Martínez Mariño como párrocos in solidum da Unidade Pastoral de Boiro, formada polas parroquias de Santa Baia de Boiro; San Cristovo de Abanqueiro; San Pedro de Bealo; Santa María de Cabo de Cruz-Castro; San Vicenzo de Cespón; Santo André de Cures e San Xoán de Macenda, no arciprestado de Postmarcos de Abaixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.