“O Sol, fonte de vida no planeta Terra, desinfectante e branqueador de roupa”. Antón Luaces

24 Febreiro 2024

Dou por feito que moitos lectores deste xornal teñen entre os seus máis lonxanos devanceiros a persoas que souberon aproveitar os beneficios do sol para, por exemplo, branquear a roupa, nomeadamente camisas, toallas, sabas, manteis, etc. de cor branca que, após seren enxabronadas, estendíanse no campo ou nas silveiras para, dempois dunhas horas de exposición, darlles unha “pasada” no río ou nos lavadoiros públicos e, deseguido, tender esa roupa novamente ao sol. Este sistema tamén  foi empregado a bordo do barcos para, evidentemente, poder ter roupa limpa como mudas e non estar coa mesma riba do corpo durante toda a estadía do barco no caladoiro ou na ruta. Iso sí: se campo de clareo alleo á tablazón da cuberta.

Lembro aqueles anos nos que en Ribeira, por exemplo, a inexistencia das actuais lavadoras obrigaba a ter na horta das casas lavadoiros e tendais a carón dun campiño no que se “clareaba” ou “botaba ao clareo” a roupa branca que a continuación se poñería a secar nos tendais.

Outras casas dispuñan levar esa roupa aos lavadoiros –“ir ao río” lavar- como, por exemplo o do Ameneiro onde, a cotío, numerosas mulleres lavaban e comentaban, comentaban e lavaban, aproveitando o sol para que este, sen necesidade de deterxentes -que non existían- e so coa prestación do xabrón de toda a vida, deixar as sabas de lenzo crú ou lenzo de Xubia adquiridas por varas (80 centímetros de lonxitude) nas tendas de Sarasquete ou O Prixelo, dun branco inmaculado. Todo, grazas ao sol, como agora

ven de clarexar José Ángel Docobo, catedrático de Astronomía da Universidade de Santiago de Compostela (USC): “O Sol é unha estrela amarela que, coa súa luz e a súa  calor, da vida ao noso planeta. A enerxía do Sol é un verdadeiro desinfectante natural e de balde moi efectivo que acaba coas bacterias e os fungos. E o clareo, unha técnica totalmente eficaz”.

Engado: ir ao río a lavar era una terapia moi anterior a “Ama Rosa” e outros seriais radiofónicos ou programas de “actualidade” nas distintas cadeas de televisión, que servía para descargar a adrenalina acumulada e pór en evidencia os coñecementos das “lavandeiras” e sen medo a se expresar “en liberdade” en tempos nos que o “municipal” -policía local nos anos 50- señor Ventura O Enterrador, daba orde de rematar a concentración na rúa de máis de tres persoas á indicación de “escaghallen o moreón”.

Moito antes de que os tellados das casas serviran de plataformas nas que instalar placas solares, a enerxía limpa do sol era aproveitada de diferentes maneiras polos nosos devanceiros. Unha delas, como digo, poñer a roupa ao clareo para deixala branca, branquísima; limpa, limpísima.

Todo, grazas a unha esfera de gas, sobre todo de hidróxeno, que se transforma en helio.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.