Venres con chuvascos e baixa das temperaturas. Temporal no mar

22 Febreiro 2024

Na xornada do venres seguimos en zona de chuvascos que veñen tras a fronte e que serán localmente treboentos e acompañados de sarabia, ó que hai que engadir a chegada dunha masa de aire polar marítima que fará que algún deses chuvascos sexan de neve, coa cota arredor dos 600-800 metros. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso sendo moderado nas máximas. Os ventos soprarán fortes do oeste-noroeste no litoral e moderados no interior.

Atención para venres 23: Temporal no mar con ondas superiores aos 8 metros entre Fisterra e a Mariña Oriental. Os chuvascos serán tormentosos e con sarabia e de neve en cotas arredor dos 600-800 m.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste, forza 6 a 7 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá, 6 a 8 metros á tarde e 7 a 9 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.