Cultura de Outes comparte a listaxe de premiados do seu Concurso de Disfraces de Entroido

21 Febreiro 2024

A Área de Cultura de Outes, dirixida por Anxo Núñez, compartiu nas redes a táboa dos gañadores do Concurso de Disfraces do Entroido local que coincidiu os días pasados co Enterro da Sardiña.

O Concello agradeceu a implicación e a creatividade de todas as persoas e agrupacións participantes, e animounas “a volver o ano que vén”.

Na categoría infantil, o primeiro premio foi para O paso do tempo.

Na categoría grupos o primeiro premio foi para Las más grandes.

Na modalidade de categoría individual o primeiro premio foi para Vaia par de espantallos.

Na categoría de comparsas o primeiro premio foi dar a Trening Topip 2023.

O Enterro da Sardiña celebrouse o 14 de febreiro, xunto co Concurso de Disfraces e o desfile polas rúas da Serra.

No concurso repartíronse ate 2.970 € entre os mellores disfraces nas categorías de infantil, individual, grupos e comparsas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.