Este sábado nova edición da Gala Solidaria da Asociación Contra o Cancro de Ribeira. Manuel Mirás, Miguel Fernández de Sanmamed, o servizo de enfermería do hospital e o colectivo Mimarte serán galardoados no acto

15 Marzo 2024

Este sábado 16 de marzo a partir das 8 da tarde celebrarase unha nova edición da Gala Solidaria anual da Asociación Contra o Cancro de Ribeira, que terá novamente o obxectivo de recadar fondos para a investigación da enfermidade. Segundo explicou a súa presidenta “a xunta provincial da Coruña repartirá os máis de 800.000 euros que se recadaron en fondos de investigación contra o cancro”. O evento celebrarase no salón Chicolino (Boiro).

Este ano, a xunta local da Asociación Española contra o Cancro outorgará recoñecementos a Manolo Mirás, pola súa implicación coa veciñanza de Ribeira e a posta en marcha de Cáritas Ribeira; ao colectivo Mimarte, pola súa implicación e solidariedade coa xunta local de Ribeira e outras institucións comarcais que prestan servizos á terceira idade; a Miguel Fernández, médico oncólogo, polo seu labor na investigación no ámbito das doenzas oncolóxicas; e finalmente, ao colectivo de enfermería do Hospital do Barbanza, pola súa implicación durante a COVID e as posteriores campañas de vacinación.

O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño e a presidenta da Asociación Contra o Cancro de Ribeira, María José Carreira, presentaron o acto e concelleiro, destacou a importancia da prevención e investigación contra o cancro e agradeceu á xunta local o seu traballo e os seus esforzos na loita contra esta enfermidade.

Outros artigos

Mércores, Santo Isidro, xornada cuberta e chuvascos

O mércores, festividade de Santo Isidro e festivo local en Rois, na comarca espérase un día maiormente nubrado, con posibilidade de choivas dispersas ao longo do día. As temperaturas oscilarán entre os 15°C e os 20°C, con ventos suaves do suroeste. O noso mar: Vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...