“O PP de Galicia revalida a súa maioría no Parlamento galego” – Antón Luaces

19 Febreiro 2024

Non houbo sorpresa no resultado das eleccións autonómicas celebradas este domingo na comunidade galega: o PP seguirá a gobernar na Xunta por outros catro anos e por quinta lexislatura continuada. 

Sendo relevante este feito, compre facer referencia asimesmo ao paso adiante que da o BNG da man de Ana Pontón que, no seu terceiro intento de acadar a presidencia do goberno galego, foi quen de repetir no segundo posto en número de deputados na Cámara de Galicia, cun notable incremento no número de escanos que xa tiña e deixando moi por detrás ao PS de G-PSOE. Entra por primeira vez no pazo do Hórreo un deputado electo de Democracia Ourensana (DO) e quedan fóra Sumar,  VOX e Podemos.

Nada novo, certamente, pero si chamativa a caída en picado dos socialistas galegos que, non por agardada, resulta menos sorprendente. Especialmente polo importante descenso (case un 9% menos) no voto ao PS de G-PSOE en Vigo, feudo dun dos tres alcaldes máis votados en España: Abel  Caballero. 

É  certo que as eleccións celebradas este domingo nada tiñan que ver cos concellos, máis si coa fidelidade a unhas siglas con siglo e medio de historia. Semella evidente que o socialismo galego ten que lle dar unha volta ao seu quefacer nesta comunidade.

No que atinxe ao PP, o resultado obtido confirma senon  a transversalidade como partido galego -que a ten- sí a súa integración dun ou doutro xeito nunha sociedade, a galega, que non renuncia no seu apoio a un partido con fondas orixes no eido rural, sen que este feito signifique demérito algún á hora da verdade.

Desta tampouco foi para o candidato socialista á Xunta, Gómez  Besteiro, por primeira vez aspirante a presidir o goberno de Galicia. Se ben o seu era dende o principio cobernar co BNG, coñecedor efectivo da vantaxe actual do nacionalismo galego sobre o socialismo e a da súa candidata por terceira oportunidade á presidencia, o resultado foi o agardado.

Tampouco acadou a resposta necesaria SUMAR e a súa máxima responsable, Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, cuxo resultado en votos apenas sorprende e que moi ben poido resultar previsible ao entrar en competencia directa co PSOE e Podemos.

Foi un duro espertar, porque había serias espectativas de que un bloque de esquerdas  fora quen de superar a un PP que, con Alfonso Rueda Valenzuela á fronte da Xunta, si “rodou”.  

Outros artigos

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

Un estudo filosófico da atemporalidade Samuel Baron, Kristie Miller e Jonathan Tallant Ten habido moito debate sobre como é o tempo, pero non sobre se existe. O obxectivo deste libro é facer pensable a ausencia do tempo. Poida que o tempo non exista. Pois por esta...

+

“Nó gordiano” – Xulio Xiz

Escoito que un político afirma que “aos xuíces non teñen que escóllelos os xuíces senón o pobo cos seus votos”. Espero que a afirmación berrada se referise a que, unha vez consigan ser xuíces, superando estudos e probas pertinentes, as forzas políticas sexan as que...

+

“En nombre de la razón”. Xosé A. Perozo

Tome usted 350 gramos de salsa de bulo, 300 de masa de mentira y 350 de guiso de ignorancia, mézclelos a conciencia y viértalos en cualquier disputa dialéctica. Tendrá ante sí el fenómeno del descarrile político que estamos viviendo desde el fracaso de Feijóo para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dúas realidades” – José Manuel Pena

“Dúas realidades” – José Manuel Pena

Se meditásemos un pouco máis seguro que non diriamos moitas das bobadas que largamos libre e alegremente pola boca, cada día. Observamos máis xente apática, triste, deprimida e demasiado pesimista, case sempre o tema de conversación céntrase no diñeiro e na crise. Uns...

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

El deseo de ganar le hace ganar. Blanco sobre negro. Hay sí preparación, concentración, incluso fanatismo. Hay estrategia, próxima al ajedrez o a la guerra, o al ballet incluso cuando se roza el virtuosismo de una gambeta, un regate, o se alcanza el balón para...