A Asociación Cultural Barbantia, o xornal La Voz de Galicia, a Editorial Xerais e o Concello de Boiro van organizar unha homenaxe a Rosalía de Castro o vindeiro 23 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía.
Será no Pazo de Goiáns do concello de Boiro a partir das 20.30 horas. No acto intervirán Xesús Laíño, vogal de Barbantia, María Xesús Blanco, presidenta de Barbantia, María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro. e Ana Cabaleiro, autora.
O programa de actividades inclúe unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro e a presentación do libro Xa vemos as palmeiras de Ana Cabaleiro. O acto complementarase coa presentación do suplemento cultural A Voz de Barbantia nº 192, que sairá á rúa o sábado, 24 de febreiro, con La Voz de Galicia. Máis información na web de Barbantia e na canle Café Barbantia.



